Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados na rúa Montero Ríos, nº 24-26 de Lugo.

Ás 11.30 horas do día 6 de maio de 2014 terá lugar na Aula 1 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na rolda da Muralla, nº 70 de Lugo, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa pública do lote de bens inmobles que a continuación se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 14 de marzo de 2014:

1. Planta segunda ou piso segundo, da casa sinalada co número 24-26 da avenida Montero Ríos de Lugo. A superficie construída é de 276 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita, con: dereita entrando ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro; esquerda entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro andar; fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos e tamén co local da antiga Cámara Agraria Local, hoxe da Comunidade Autónoma. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 33, predio 54.716. Referencia catastral: 8234011PH1683S0002AR.

2. Planta terceira ou piso terceiro, da casa sinalada co número 24-26 da avenida Montero Ríos de Lugo. A superficie construída é de 324 m2. Linda, visto o edificio desde a avenida antes dita con: dereita entrada ou oeste, con predio de Ricardo Besteiro, esquerda entrando ou leste, con garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon; fondo ou sur, espazo aéreo sobre a terraza pertencente como anexo ao primeiro andar; fronte ou norte, coa avenida Montero Ríos. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo no tomo 1.020, libro 581, folio 34, predio 54.718. Referencia catastral: 8234011PH1683S0004DY.

3. Dereito de servidume, en favor das plantas segunda e terceira do inmoble número 24-26 da avenida Montero Ríos, de catro aparcadoiros debidamente individualizados no soto. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo, predio nº 54.714.

4. Local destinado a oficinas na segunda planta situado no extremo esquerdo, mirando desde a rúa da súa situación de Montero Ríos, dunha superficie de 48 m2 e que linda: pola súa fronte, con Montero Ríos; por fondo e dereita, co resto da planta segunda (hoxe Comunidade Autónoma de Galicia), patio de luces e servizos sanitarios e pola súa esquerda, co garaxe chamado Torralba, propiedade de José Mon. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo no tomo 1.747, libro 1.308, folio 98, predio 114.890. Referencia catastral: 8234011PH1683S0003ST.

Tipo de licitación primeira poxa: 407.757,02 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 346.593,47 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 285.429,91 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/ procedementos-de-licitacion

Poderanse visitar os inmobles, para o cal se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda