Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14679

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO relativo á aprobación dos pregos de bases que rexerán o concurso de outorgamento de autorizacións de ocupación de dominio público para o aparcadoiro de camións, tractoras e plataformas portacontedores.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, na súa sesión do 24 de febreiro de 2014, acordou:

Aprobar o prego de condicións particulares das autorizacións de ocupación de dominio público para o aparcadoiro de camións, tractoras e plataformas portacontedores.

Os pregos de bases que rexerán o concurso e demais documentación encóntranse á disposición dos interesados no departamento de Secretaría Xeral (Praza da Estrela, 1, 36201 Vigo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e na páxina web www.apvigo.com

A documentación que deberán presentar os participantes é a exixida nos pregos de bases.

As propostas presentaranse no Rexistro da Autoridade Portuaria de Vigo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se fose sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o día seguinte hábil.

A apertura das propostas terá lugar ás doce (12.00) horas do terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o día seguinte hábil.

Vigo, 26 de marzo de 2014

Ignacio López-Chaves Castro José Ramón Costas Alonso
Presidente da Autoridade Portuaria Secretario da Autoridade Portuaria
de Vigo de Vigo