Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14566

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (468/2012).

Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial, polo presente fago constar que nesta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACN) 468/2012 (dimanante do xuízo ordinario 1244/10 do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo), en que é apelante Blanca Nieves Olarza Vera, e apelados FCE Bank PLC Sucursal España e Rosa Vera Molla, sobre reclamación de cantidade, en que con data do 28 de outubro de 2013 se ditou sentenza pola cal se desestima o recurso de apelación, cuxo texto íntegro consta na oficina xudicial desta Sección Sexta, sita en Vigo (Pontevedra), r/ Lalín nº 4, ao dispor das partes.

Contra esta sentenza poderase interpor recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Para que conste e sirva de notificación a Rosa Vera Molla, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial