Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14560

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de marzo de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Pola Orde do 11 de decembro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 11 de decembro de 2013 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. Conforme o establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción provisional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da consellería onde obteña o novo destino o/a funcionario/a poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicita o interesado por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Touza Figueiras, Susana.

NRP: 3277023257 A2060.

Grupo: A/A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Apoio e Relacións coas Organizacións Sectoriais.

Código: MR.402.00.001.15770.055.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais.

Localidade: Santiago de Compostela.