Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación dos expedientes de subvención que se indican no anexo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación con varios expedientes de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase aos interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 15320007/2014.

Interesado: Maderas Moreira de Avión, S.L.

Último enderezo coñecido: lgr. San Vicente, 1, 32520 Avión (Ourense).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 18 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2014.

Expediente: 15360013/2014.

Interesado: Bosques del Norte, S.L.U.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Quiroga, 13, 36002 Pontevedra.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 18 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2014.