Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle notifica á interesada a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, expediente número 32/00284/07R.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

A interesada pode recoller a resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. A persoa interesada poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercitar calquera outro que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 32/00284/07R, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Grupo La Laguna de Orense, C.B.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: avda. Orense 258, 32630, Xinzo de Limia.