Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/DC/2012/00005, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso de alzada RA/DC/2012/00005, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou ante o da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo sinalado para o exame do expediente ou do da comparecencia, de ser o caso.

Reclamantes: María da Concepção dos Anxos e Rosa Romero Borja; expediente: RA/DC/2012/00005; tipo de resolución: desestimatoria.

E para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas