Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14321

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2014 pola que se integra a José Andrés Sánchez Molina, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional décimo sétima que os funcionarios e funcionarias da escala de profesores do INEF de Galicia, que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e que se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada polo profesor José Andrés Sánchez Molina, con DNI número 29077904-Q, funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Educación Física e Deportiva, con efectos económicos e administrativos do 14 de marzo de 2014.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma e condicións previstas na lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña