Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/101 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 6 de marzo de 2014

P.S. (Resolución do 29 de maio de 2013)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/101.

Denunciados: Costica Neatu e Marian Sali.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/030.

Denunciada: Acciona Eólica Galica, S.A.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/032.

Denunciada: Campsa Estaciones de Servicio, S.A.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/035.

Denunciados: Relu Matei e Marga Mariana Porumbaru.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.