Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 273/2013, interposto por Áurea García-Armero Santiago.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 273/2013, interposto por Áurea García-Armero Santiago, contra a desestimación do recurso de reposición contra a Orde do 14 de outubro de 2013 pola que se modifica a Orde do 20 de febreiro de 2013 que convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública