De conformidade coa Resolución de Alcaldía do 20 de marzo de 2014, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato de servizos de atención ao público na Oficina de Turismo no castelo de Castro Caldelas, conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Castro Caldelas.
b) Obtención de documentación e información: rúa Concello, nº 1, 32760 Castro Caldelas. Teléfono: 988 20 30 00, fax: 988 20 34 81, correo electrónico:
correo.castrocaldelas@fegamp.es
2. Obxecto do contrato: atención ao público na Oficina de Turismo no castelo de Castro Caldelas.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.
4. Orzamento base de licitación. 27.272,73 € sen IVE, e 33.000,00 € con IVE.
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído IVE.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigo 15 g) do prego.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: trece (13) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns (BOP, DOG e perfil do contratante (http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante).
b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Castro Caldelas.
8. Apertura de ofertas e criterios de adxudicación: artigos 16 e 17 do prego.
Castro Caldelas, 20 de marzo de 2014
Eladio Osorio Castro
Alcalde