Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14199

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014 pola que se fan públicas as formalizacións dos contratos financiados ata un 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, e no artigo 1, números 1 e 2 do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos contratos seguintes, financiados ata un 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 77.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/002/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha escola infantil unitaria no concello de Touro.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 175.234,28 €.

Adxudicataria: Copcisa, S.A.

Data de formalización do contrato: 17.1.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/003/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obra de reforma e ampliación da escola infantil da Laracha.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 357.356,83 €.

Adxudicataria: Ogmios Proyecto, S.L.

Data de formalización do contrato: 22.1.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/004/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha escola infantil de 3 unidades no concello de Malpica de Bergantiños.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 354.175 €.

Adxudicataria: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

Data de formalización do contrato: 28.1.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/005/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obra de reforma e ampliación da antiga Casa do Médico para dedicala a escola infantil de 4 unidades no concello de Tomiño.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 509.128 €.

Adxudicataria: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Data de formalización do contrato: 6.2.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/006/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha escola infantil de 3 unidades no concello de Boiro.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 366.025 €.

Adxudicataria: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

Data de formalización do contrato: 18.2.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/007/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha escola infantil de 3 unidades no concello de Oroso.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 357.765,95 €.

Adxudicataria: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

Data de formalización do contrato: 10.3.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar, na cal acreditan o coñecemento da obra, así como os condicionantes implícitos nela, cunha oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

Para máis información pódese consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto do «Perfil do contratante».

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar