Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (345/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza.

Na Coruña, 3 de marzo de 2014.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 345/2013, seguidos por instancia de Washington Armando Jaramillo Yaguana, asistido polo letrado David Pena Díaz, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Ángel González Quintas, Mc Mutual, representada por Luis Manuel Rodero Díaz, a entidade Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L. e a administración concursal de Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L., que non comparece, sobre recoñecemento de incapacidade permanente.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Washington Armando Jaramillo Yaguana contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mc Mutual, Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L. e a administración concursal de Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas das pretensións contra elas formuladas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a subscribe, no día da data, en audiencia pública e ante a miña presenza, secretaria, do que dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

A secretaria xudicial