Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13228

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de marzo de 2014 pola que se modifica a autorización do centro privado Fogar de Santa Margarida, do concello da Coruña.

O representante da titularidade do centro privado Fogar de Santa Margarida, do concello da Coruña, solicita a ampliación de 2 unidades de educación especial (plurideficientes).

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 2 unidades de educación especial no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Fogar de Santa Margarida.

Código do centro: 15004794.

Domicilio: r/ Valle Inclán, 1-3.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Patronato Hogar Santa Margarita.

Composición resultante:

• Educación infantil: 9 unidades.

• Educación primaria: 18 unidades.

• Educación secundaria.

– 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

– 6 unidades de bacharelato, das modalidades de: Ciencias e tecnoloxía, e Humanidades e ciencias sociais.

• Educación especial: 3 unidades (plurideficientes).

• 2 ciclos formativos de grao medio de Comercio (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• PCPI Cociña (1 unidade) *.

• PCPI Comercio (1 unidade) *.

• PCPI Módulo voluntario 2º curso (1 unidade) *.

* Ensinanzas afectadas polo desenvolvemento e implantación dos ciclos de formación profesional básica, en aplicación do previsto na disposición derradeira quinta da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e o Real decreto 127/2014, do 28 de febreiro, que regula aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, e aproba catorce títulos profesionais básicos, fixa o seus currículos básicos e modifica o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, sobre expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria