Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-IN 6/2013.

Notifícase a Miguel-Ángel Lorenzo Rey, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións (RCL 1992/2512), que tras intentar infrutuosamente a notificación ao interesado no seu último enderezo coñecido radicado na rúa Touro, nº 39, 1º A, Santiago de Compostela (A Coruña), a proposta de resolución do expediente sancionador OU-IN 6/2013 por realizar revisións periódicas de gas butano carecendo da pertinente habilitación.

O interesado dispón dun prazo de quince días hábiles para presentar alegacións e propor e/ou achegar proba. No caso contrario, o oficio da proposta adquirirá o carácter de resolución. Poderá tomar vista do expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 10 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso T. Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial