Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas (RCL 1992/2512), tras intentar infrutuosamente a notificación ao interesado, Pablo Pereiro Santiso, cuxo último enderezo coñecido radica en San Lázaro, nº 7, Santiago de Compostela (A Coruña), a proposta do expediente sancionador OU-IN 7/2013 por realizar revisións periódicas de gas butano, carecendo da pertinente habilitación.
O interesado dispón dun prazo de quince días hábiles para presentar alegacións e propor e/ou achegar proba. No caso contrario, o oficio da proposta adquirirá o carácter de resolución. Poderá tomar vista do expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Ourense, 10 de marzo de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso T. Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial