Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-APCO 1/2014.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas (RCL 1992/2512), tras intentar infrutuosamente a notificación á interesada dúas veces no seu enderezo, á entidade Pazo Castexo, S.L., cuxo último enderezo coñecido radica no Polígono Industrial, sector C-CR13-86, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense), a incoación do expediente sancionador OU-APCO 1/2014 polo incumprimento reiterado da obriga de remisión de información a esta Administración pública.

A interesada dispón dun prazo de quince días hábiles para presentar alegacións e propor e/ou achegar proba. No caso contrario, o oficio de incoación adquirirá o carácter de proposta de resolución. Poderá tomar vista do expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 10 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
Alfonso T. Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial