O 29 de xaneiro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013324AL-CO incoado a Mª Soledad Ramírez Barrul.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Mª Soledad Ramírez Barrul o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 19 de febreiro de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2013324AL-CO.
Interesada: Mª Soledad Ramírez Barrul.
DNI/NIF/CIF: 47380639H.
Último domicilio coñecido: rúa Lagoas, 4, 1º C, 15002 A Coruña.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo infrinxido:
– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo) artigo 2.1.a), b) 1º 2º 3º, c) 1º.
2º 3º 2. e artigo 6.1 e 2.
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo) artigo 50.1º a) artigo 51. 1º.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 100 €.