Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12809

IV. Oposicións e concursos

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se aproba e fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para a contratación temporal, pola modalidade de obra ou servizo determinado, dun investigador para a realización de proxectos de investigación, convocado mediante Resolución do 28 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 4 de decembro).

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 28 de novembro de 2013 (DOG núm. 232, do 4 de decembro) un proceso selectivo para a contratación temporal dun investigador baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para a realización de proxectos de investigación.

O órgano encargado de realizar a selección dos aspirantes, na súa reunión do día 13 de marzo de 2014, propuxo a relación de aspirantes que obtiveron polo menos a cualificación mínima exixida para superar o proceso selectivo, por orde de puntuación.

De conformidade co disposto na base 8.1 da referida convocatoria e á vista da proposta do órgano de selección,

RESOLVO:

Aprobar e facer pública, de acordo co disposto na base 8.1 da convocatoria, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que obtiveron, polo menos, a cualificación mínima exixida para superar o proceso selectivo por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base, o primeiro aspirante da dita relación disporá dun prazo de cinco días hábiles, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b), c), d), e) e f).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Dirección da EGAP, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para a contratación temporal, pola modalidade de obra ou servizo determinado, dun investigador
para a realización de proxectos de investigación

Adxudicataria da praza:

Apelidos e nome

NIF

Méritos

Entrevista

Total

Voces López, Carmen

76624022M

73,52

15

88,52

Listaxe para os efectos de substitucións:

Apelidos e nome

NIF

Méritos

Entrevista

Total

González Iglesias, Beatriz

36166006R

55,45

20

75,45

Vila Lago, Carlos

36064006Y

60,09

13

73,09

Piñeiro Neiro, Bárbaro

44834409A

57,26

13

70,26