De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
O acto foi acordado pola instrutora.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 7 de marzo de 2014
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-136/2013 RE.
Denunciados: Vasile Tican/Stefan Adrian Plesca.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: OU-148/2013 RE.
Denunciado: Nicu Menix Matei.
Acto notificado: proposta de resolución.