Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para as instalacións de produción de taboleiros de fibra de densidade media (MDF) que Industrias del Tablero, S.A. posúe no concello de San Sadurniño (A Coruña). Clave do expediente: 2013-IPPC-I-39.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, de 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

«Proxecto básico e estudo de impacto ambiental referido á solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de INTASA situadas en San Sadurniño, provincia da Coruña. Setembro de 2013. Ref.: 04_2013».

«Resumo non técnico referido á solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de INTASA situadas en San Sadurniño, provincia da Coruña. Setembro de 2013. Ref.: 04_2013».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de San Sadurniño (avenida Marqués de Figueroa, nº 13, 15560 San Sadurniño).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2013-IPPC-I-39.

Peticionario: Industrias del Tablero, S.A.

Domicilio social: A Bidueira, 15560 San Sadurniño (A Coruña).

Localización da instalación: A Bidueira, 15560 San Sadurniño (A Coruña).

Actividade: produción de taboleiros de fibra de densidade media (MDF).

Descrición: para o desenvolvemento da súa actividade a planta conta coas seguintes instalacións:

– Liña de tratamento da madeira:

a) Liña de fabricación de taboleiro de fibra de media densidade (MDF): parque de madeira; instalación de descortizado, estelas e clasificado; desfibrado; secado; encolado; preprensado e prensado; cortado; arrefriado; curado, lixado e escuadrado.

b) Liña de taboleiro melaminizado.

c) Liña de taboleiro de solos.

– Instalacións auxiliares:

a) Coxeración: motores diésel; caldeiras asociadas aos motores diésel; caldeiras de aceite térmico; caldeira de biomasa e caldeira Vulcano (equipo de respecto da caldeira de biomasa).

b) Depuradora de augas residuais industriais: tratamento físico-químico seguido de biolóxico mediante fangos activos con eliminación de nitróxeno.

c) Sistema de tratamento de augas pluviais: dúas liñas (unha canle a ceo aberto con sistema de filtración de desbaste e balsa con axitación e aireación; e unha condución subterránea con sistema de filtración de desbaste e balsa con axitación e aireación) que envían os seus rebordamentos a unha balsa (con separador intermedio e sistema rascador para retirada de flotantes) e desta a outra balsa (tamén con separador intermedio) desde a que se realiza a vertedura final.

d) Sistema de tratamento de augas fecais: fosas sépticas (×4).

Verteduras: a instalación verte as augas residuais industriais e fecais depuradas conxuntamente e as augas residuais pluviais depuradas ao río Grande de Xubia.