Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12687

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo de 2014, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 11840, onde di: «2) se n > 2 A+x A (n-1)+ a (pp-pmr)»,

debe dicir: «2) se n ≥ 2 A+x A+x A (n-1)+ a (pp-pmr)».

Na páxina 11843 no anexo IV «Modelo 046. Taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Resumo autoliquidacións (formato electrónico)», no parágrafo incluído baixo a expresión «Instrucións», no punto «Período e carácter», onde di: «Se a declaración fose unha complementaria doutra xa presentada, marcarase o recadro denominado COMPLEMENTARIO e consignarase o número da declaración a que complementa», debe ter a seguinte redacción:

«Se a declaración fose unha complementaria doutra xa presentada, marcarase o recadro denominado COMPLEMENTARIA e consignarase o número da declaración á que complementa».