Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 28 de febreiro de 2014 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións dos viveiros Sánchez III e Lozano II.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión dos viveiros Sánchez III e Lozano II e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 30 de decembro de 2013, José Luis Camiña Castro (35314151C) e Beatriz Millán Coira (35459153F) solicitaron autorización para transmisión das concesións dos viveiros Sánchez III e Lozano II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Pablo Otero Portela (52490226V); Isabel Pastoriza Freire (52491665F); Jaime Otero Portela (52493891W) e María del Carmen Estévez Iglesias (52496244D), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sánchez III.

Situación:

Cuadrícula nº: 9.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento:

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Luis Camiña Castro (35314151C) e Beatriz Millán Coira (35459153F).

Novos titulares: Pablo Otero Portela (52490226V), Isabel Pastoriza Freire (52491665F), Jaime Otero Portela (52493891W) e María del Carmen Estévez Iglesias (52496244D).

Tipo: batea.

Nome: Lozano II.

Situación:

Cuadrícula nº: 35.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.6.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Luis Camiña Castro (35314151C) e Beatriz Millán Coira (35459153F).

Novos titulares: Pablo Otero Portela (52490226V), Isabel Pastoriza Freire (52491665F), Jaime Otero Portela (52493891W) e María del Carmen Estévez Iglesias (52496244D).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter aportado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de febreiro de 2014

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo