Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de José Martínez Mejeras.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, por auto ditado o 30 de abril de 2012, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de José Martínez Mejeras, veciño de Ribadeo.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo os artigos 267 a 269 da Lei 2/2006, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de José Martínez Mejeras, falecido no municipio de Lugo o 13 de setembro de 2010, formulen as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza, 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda