Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12418

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2014 de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta axencia.

Anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

As bases da convocatoria están ao dispor das persoas interesadas (persoal laboral fixo de Agader) no taboleiro de anuncios das dependencias da Axencia.

O prazo para presentar as solicitudes é de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Códigos e denominación dos postos de traballo:

Código do posto: AGDR 01 01 00.

Denominación do posto: xefe/a da Área Económico-Financeira.

Código do posto: AGDR 02 01 00.

Denominación do posto: xefe/a da Área de Seguimento e Control de Programas.

Código do posto: AGDR 03 02 00.

Denominación do posto: xefe/a da Área de Seguimento de Investimentos.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural