Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014 pola que se acorda ampliar o prazo de presentación de ofertas para concorrer á licitación do servizo de administración e mantemento correctivo e evolutivo da plataforma de xestión de contidos web da web corporativa desta universidade (expediente 304/14) e servizo de administración e mantemento das plataformas de teleformación e portais do servizo de teledocencia desta universidade (expediente 303/14).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 21 de febreiro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 36 a Resolución do 13 de febreiro de 2014 pola que se anunciaba procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de administración e mantemento correctivo e evolutivo da plataforma de xestión de contidos web da web corporativa desta universidade (expediente 304/14). O prazo de presentación das ofertas remataba o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desa resolución no DOG do 10 de marzo de 2014. Non obstante, de forma sobrevida detectouse un erro de feito no perfil do contratante da Universidade de Vigo, onde figuraba como data de remate da presentación das ofertas o día 13 de marzo de 2014.

Segundo. Con data do 21 de febreiro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 36 a Resolución do 13 de febreiro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de administración e mantemento das plataformas de teleformación e portais do servizo de teledocencia desta universidade (expediente 303/14). O prazo de presentación das ofertas remataba o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG do 10 de marzo de 2014. Non obstante, de forma sobrevida detectouse un erro de feito no perfil do contratante da Universidade de Vigo, onde figuraba como data de remate da presentación das ofertas o día 15 de marzo de 2014.

Visto o que antecede, e ao amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase ditar a seguinte,

RESOLUCIÓN:

Primeiro. Ampliar o prazo de presentación de ofertas, por un período de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o cal rematará ás 14.00 horas do último día do prazo que corresponda. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo entenderase prorrogado ata as 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.

Segundo. Os licitadores que presentasen a súa oferta con anterioridade á publicación desta resolución poderán, se o coidan oportuno, presentar unha nova oferta que substitúa a anterior.

Terceiro. As condicións da licitación para ambos os expedientes son as que aparecen reflectidas nos anuncios respectivos publicados no Diario Oficial de Galicia do 21 de febreiro de 2014.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, e neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de marzo de 2014

Por delegación (Resolución reitoral do 11.9.2013; DOG do 20 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo