Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12117

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (38/2012).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, por este edicto fago saber que no procedemento seguido por instancia de María del Rosario Mourelle Roel contra Juana Mourelle Vidal, Dolores Mourelle Vidal, María Concepción Mourelle Roel, María del Carmen Mourelle Roel, Serafina Mourelle Roel e Manuela Vidal Lamas se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as actuacións correspondentes ao xuízo ordinario 38/2012, seguidas perante este xulgado por instancia de María del Carmen Mourelle Roel, representada polo procurador José Paz Montero e asistida polo letrado Manuel Quintáns López, contra Juana Mourelle Vidal, Dolores Mourelle Vidal, Manuela Vidal Lamas, en situación procesual de rebeldía, e María Mourelle Roel, representada polo procurador Fernando González Concheiro-Álvarez e asistida polo letrado Laureano Manuel Barreiro Pereira; María Serafina Juana Mourelle Roel, representada pola procuradora María de los Ángeles Regueiro Muñoz e asistida polo letrado José María López López, e María del Carmen Mourelle Roel, representada pola procuradora Beatriz Cerviño Gómez e asistida pola letrada Ana Conde Paz, sobre división de cousa común.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Paz Montero, en representación de María del Rosario Mourelle Roel, contra Juana Mourelle Vidal, Dolores Mourelle Vidal e Manuela Vidal Lama, en situación procesual de rebeldía todas elas, e María Concepción Mourelle Roel, María del Carmen Mourelle Roel e María Serafina Juana Mourelle Roel e, en consecuencia, debo acordar e acordo:

– A división xudicial mediante venda en poxa pública, con intervención de licitadores externos, da vivenda sita na rúa Poza de Bar, número 26, de Santiago de Compostela, inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela no tomo 150, libro 84, folio 100 co número 3225, cuxa titularidade dominical corresponde a Manuela Vidal Lamas (50 %), a Juana Mourelle Vidal (12,50 %), a Dolores Mourelle Vidal (12,50 %), a María del Rosario Mourelle Roel (6,25 %), a María Concepción Mourelle Roel (6,25 %), a María del Carmen Mourelle Roel (6,25 %) e a María Serafina Juana Mourelle Roel (6,25 %).

– A repartición proporcional entre as comuneiras do prezo obtido na poxa, logo de dedución dos gastos que esta ocasione.

Todo isto con imposición da condena en custas ás codemandadas Juana Mourelle Vidal, Dolores Mourelle Vidal e Manuela Vidal Lamas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, perante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así o acordo e asino.

E ao estaren as codemandadas, Juana Mourelle Vidal, Dolores Mourelle Vidal e Manuela Vidal Lamas en situación de rebeldía e ao descoñecerse o seu domicilio, expido, selo e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

A secretaria xudicial