Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12197

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Delegación do Goberno en Galicia

ANUNCIO do 3 de marzo de 2014 polo que se notifica o acordo do inicio do procedemento sancionador en materia de pesca marítima C-108/13 R 1-G.

Unha vez intentada a notificación aos interesados conforme dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible practicala tras os intentos no último domicilio coñecido, mediante este anuncio notifícaselles o acordo de inicio de procedemento sancionador en materia de pesca marítima C-108/13 R 1-G ao patrón Francisco Villanueva Reboiras e ao armador Francisco Villanueva Piñeiro do pesqueiro Ría de Muros, matrícula GI-4-2175, polos feitos denunciados na acta nº 157130, do 3.7.2013, expedida polo Servizo de Inspección Pesqueira.

Así mesmo, comunícaselles aos interesados que o texto completo do citado acordo, ditado polo delegado do Goberno con data do 29.1.2013, está á súa disposición e poden solicitalo nas oficinas da Área Funcional de Agricultura e Pesca, r/ Santo André 162-3º, 15071 A Coruña. De non comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais.

A Coruña, 3 de marzo de 2014

P.D. (Resolución 13.11.2013; DOG nº 228, do 28 de novembro)
Jorge Atán Castro
Subdelegado do Goberno en Galicia