Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de construción dunha nave de descarga de moluscos en Cambados, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 3 (expediente 28/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción dunha nave de descarga de moluscos en Cambados (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19078

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 134, do 16 de xullo de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.143.336,93 €, IVE (21 %): 240.100,76 €. Importe total: 1.383.437,69 €.

Valor estimado: 1.143.336,93 €.

5. Financiamento: fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 6 de marzo de 2014.

b) Adxudicataria: Acciona Infraestructuras, S.A.

c) Importe: 1.053.349,46 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 17.3.2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, por ter acadada a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar