Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2014 pola que se publica o resultado da venda das parcelas de solo empresarial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Comunidade Autónoma de Galicia (expediente DTS01-13).

Realizada adxudicación das parcelas de solo empresarial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante concurso e para cumprir coa transparencia, cómpre facer pública a adxudicación que se fixo de acordo cos seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Tras os preceptivos trámites legais, mediante anuncio de licitación publicado no DOG nº 208, do 30 de outubro de 2013, convocouse o concurso para a venda das parcelas de solo empresarial do IGVS na Comunidade Autónoma resultando que, segundo o certificado do encargado do rexistro do IGVS dos servizos centrais en Santiago de Compostela, foi presentada dentro do prazo establecido a proposición formulada por José Luis Fernández Cortiñas.

Segundo. O funcionamento das mesas de contratación, as actas e propostas figuran no perfil do contratante.

Terceiro. De conformidade co disposto nos artigos 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a mesa de contratación, con data do 29 de xaneiro de 2014, acordou propoñer a adxudicación ao órgano de contratación da parcela sinalada no punto anterior.

Cuarto. Con data do 31 de xaneiro de 2014 requírese o licitador proposto para a adxudicación para que presente a documentación establecida na cláusula 4.3.2 do prego de bases polo que se rexe este concurso. O requirimento foi efectuado dentro do prazo establecido.

Quinto. Notificouse a resolución de adxudicación aos adxudicatarios e non adxudicatarios e publicouse no perfil do contratante.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A competencia para ditar a presente resolución corresponde á directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo por delegación das competencias como órgano de contratación do presidente do IGVS, que mediante Resolución do 23 de xuño de 2010, delegou as competencias que tiña como órgano de contratación no director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de conformidade co disposto no artigo 316 do Real decreto lexislativo 3/2011, e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que o desenvolve.

Vista a proposta da mesa de contratación do 29 de xaneiro de 2014, o artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, a Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, de desenvolvemento, o prego de bases que rexe neste procedemento e demais normativa vixente en materia de contratación.

RESOLVO:

1. Adxudicar a venda da seguinte parcela de solo empresarial:

Empresa

Parcela

Oferta

Forma de pagamento

José Luis Fernández Cortiñas

28 do parque empresarial de Bóveda

15.175,00 B.I

3.186,75 IVE

Total 18.361,75

A

2. Declarar deserto o concurso das restantes parcelas de solo empresarial da Comunidade Autónoma e que figuran no anexo IV do prego de bases que rexe o concurso.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2014

P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo