Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11865

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 18 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 28), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2012/13, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012/13 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Por proposta do xurado de selección poderanse designar os especialistas necesarios para que asesoren o xurado de selección na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Manuel Avelino Insua Hermo, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de Educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de Educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Secretario: Miguel Ángel Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que actuará con voz e sen voto.