Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 17 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron encontrados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro, DOG núm. 222 (21.11.2012) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se ten que presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 986 88 51 25.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do garante

DNI/NIF

Budiño Gómez Alfredo

052494505H

Del Río Sobrino Paula

035479715F

Magallanes Silva Linda María

035483100B

Sene --- Saliou

0Y0775965M