Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-PO-0022/2013-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio dos interesados ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Interesado/a

Expediente

Acto que
se notifica

Último enderezo coñecido

Marta Martínez Pérez

ANP-PO-0022/2013-V

Resolución do procedemento

Rúa 20, número 1-4º D, 36500 Lalín (Pontevedra)

Neledy Blanco Cruz

ANP-PO-0040/2013-V

Resolución do procedemento

Salgueiriños de Arriba, 4-1º H, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

José Francisco Pérez Besada

ANP-PO-0046/2013-V

Resolución do procedemento

R/ Antonio Palacios, 51-1º A, 36400

O Porriño (Pontevedra)

Ángela Escudero Dual

ANP-PO-0085/2013-V

Resolución do procedemento

R/ Urzaiz, 235-3º C, 36205 Vigo (Pontevedra)

Héctor Eladio Martínez Gayo

ANP-PO-0088/2013-V

Resolución do procedemento

Fonte da Vila, 22-3º, 36450 Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Víctor Martínez dos Santos

ANP-PO-0089/2013-V

Resolución do procedemento

Curros Enríquez, 8-3º K, 36450 Salvaterra de Miño (Pontevedra)