Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de expediente de delimitación de núcleo rural.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada, entre outras, pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, procédese a abrir un período de información pública do expediente que se está a tramitar no Concello de Antas de Ulla, de delimitación do núcleo rural de Vilaboa, por instancia do propio concello, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de posibles observacións, alegacións ou reclamacións.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Antas de Ulla, 11 de marzo de 2013

Javier Varela Pérez
Alcalde