Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11804

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), no ámbito da reserva de equipamento RU-10.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de marzo de 2014 adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE.1) no ámbito da reserva de equipamento RU-10 (Virxe da Cerca, nº 6), segundo o proxecto presentado o 5 de febreiro de 2014 pola Fundación Centro Galego de Solidariedade-Proxecto Home.

b) A modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente practicarase notificación persoal aos propietarios da parcela afectada segundo figuran no Catastro.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral de Patrimonio Cultural.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible