Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para o transporte das obras de arte da exposición temporal Auga Doce.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 25 de novembro de 2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para o transporte das obras de arte da exposición temporal Auga Doce.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 413.223,14 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de xaneiro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 27 de febreiro de 2014.

c) Adxudicataria: Ordax Coordinadora de Transportes y Mercancías, S.L.

d) Importe de adxudicación: 383.171,52 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia