Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia dos expedientes OU-PF-105/2010 e OU-PF-310/2011.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega a cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 2º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 18 de febreiro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-105/2010.

Interesado: Ángel Fernández Rodríguez.

NIF: 34970267D.

Domicilio: O Piñeiral de Arriba, 15, pbx., San Cibrao das Viñas (Ourense).

Número de expediente: OU-PF-310/2011.

Interesada: Adriana Alves do Nascimento.

Pasaporte: FD813760.

Domicilio: r/ Cerca, nº 6, 3º A, O Carballiño (Ourense).