Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013165TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de decembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013165TA-OU a Rubén Rodríguez Lorenzo, DNI 44459564N, propietario da Sala Rubens, con domicilio na rúa Curros Enríquez, 15, 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rubén Rodríguez Lorenzo, DNI 44459564N, propietario da Sala Rubens, con domicilio na rúa Curros Enríquez, 15, 32003 Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de febreiro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 2013165TA-OU.

Denunciado: Rodríguez Lorenzo, Rubén, propietario da Sala Rubens.

DNI/NIF/CIF: DNI 44459564N.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, 15, 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: mil douscentos dous euros (1.202,00 €).