Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (646/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 646/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Triñanes Rivas contra a empresa Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva e Natividad Piñeiro Silva, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e un de febreiro de dous mil catorce

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistida a María Jesús Triñanes Rivas da súa demanda fronte a Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva e Natividad Piñeiro Silva.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A secretaria xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial