Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11530

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, dun posto vacante de supervisor/a da Unidade de Reanimación de Adultos e Hospital de Día Cirúrxico Teresa Herrera.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG nº 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento regulamentario, o posto de supervisor/a da Unidade de Reanimación de Adultos e Hospital de Día Cirúrxico Teresa Herrera.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es) e no Espazo do Profesional.

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña