Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11536

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, dun posto vacante de supervisor/a da Unidade de Cirurxía A do Hospital Universitario A Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG nº 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento regulamentario, o posto de supervisor/a da Unidade de Cirurxía «A» do Hospital Universitario A Coruña.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e no espazo do profesional.

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña