Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 5 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario. Teléfono: 986 88 51 25.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

García Sandoval, Manuel Jacinto

X02575912G

Gómez Martín, Iván

048973045L

Sue Nech, Amanda

Y02535599R

Riveiro de la Cruz, Rosa

035220029Z

Daniel Almeida, Antonio Pedro

Y00049619E

Wade --- Diadie

X08822102S