Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro (expediente 2/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01, fax: 982 29 49 74.

4. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es.

5. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 2/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de vixilancia nas casas do mar de Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Casa do mar de Burela, rúa Rosalía de Castro, s/n, 27880, Burela.

Casa do mar de Celeiro, avenida Ramón Canosa, s/n, 27863, Celeiro.

e) Prazo de execución: 1 ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: cento vinte e oito mil novecentos vinte e cinco euros con sesenta e dous céntimos (128.925,62 €).

IVE (21 %): vinte e sete mil setenta e catro euros con trinta e oito céntimos (27.074,38 €).

Importe total: cento cincuenta e seis mil euros (156.000,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 21 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo