Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2013/39-2, 8123 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Granxa Caravés, S.C.

Domicilio social: Campelo, nº 8, parroquia de Caneda, 27415 Monforte de Lemos.

Denominación: liña de media tensión, centro de transformación e liña de baixa tensión Granxa Caravés.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio existente da LMTA MOF 8033943 A Pobra do Brollón-CH Loureiro 3 e final no CTI Granxa Caravés (proxectado), cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo LA-56.

– CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBT con orixe no CT proxectado e final na CXP da parcela que se vai electrificar en condutor tipo RV-95, cunha lonxitude de 15 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 5 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo