Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de cemiterio en Moreira.

Eladio Mosquera López e outros, solicitaron desta alcaldía licenza municipal para a actividade de ampliación de cemiterio en Moreira, A Estrada. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Estrada, 27 de marzo de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente