Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (317/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 317/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor González Fernández contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Héctor González Fernández contra Estructuras e Obras de Galicia, S.L., e a Administración concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 5.893,51 euros brutos, polos salarios percibidos en novembro e decembro de 2012, incluíndo paga extra Nadal 2012, e a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2012, e a indemnización por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número nº 47570000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente.

A Coruña, 25 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial