Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11357

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicos os resultados da proba de galego do concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto na base quinta da Resolución do 29 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pola que se convoca o concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal (BOE nº 274, do 15 de novembro) e co punto 4 do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a estes mesmos funcionarios no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Elevar a definitiva a proposta elaborada pola Comisión Técnica de Valoración nomeada pola Orde desta consellería do 11 de febreiro de 2014 (DOG nº 30, do 13 de febreiro) de concursantes que no anexo se relacionan, que participaron na proba de galego celebrada o día 14 de febreiro de 2014 no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter estatal convocado por Resolución do 29 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Publica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (BOE nº 274, do 15 de novembro).

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Participantes

DNI

Valoración

Lamelas Soto Silvia

41084531E

Non presentado

Lastra Serrano Isabel Rosario

05219933Z

Non presentado

Prendes del Busto María Amparo

10828347Q

Non presentado

Quintáns Queiruga Manuel

33209636M

Apto

Rodríguez Regueiro Tania

47364520E

Non presentado

Sueiro Mejuto Luis Miguel

46898625S

Non presentado