Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 20 de febreiro de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 112/13 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación as notificacións de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 112/13.

Denunciada: Construcciones y Promociones Malayo, S.L.

Enderezo: r/ Sorrego 6, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 113/13.

Denunciada: Malteca Alxén.

Enderezo: Alxén, Toucedo s/n, 36458 Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Nº de expediente: 118/13.

Denunciado: Marcial Campos Fariña (herdeiros de).

Enderezo: r/ Gorgullón 58-3, A-B, 36003 Pontevedra.

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda 43-1º Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2014

Faustino Ángel Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra