Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0009/2014-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-CO-0009/2014-PPM e seis máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, situadas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido de cada unha das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0009/2014-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Puente Marrozos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Vila de Cee, 14-3º drta., Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0016/2014-PPM.

Persoa interesada: Mª del Mar Magariños Puente.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Sta. María do Mar, 7, Vilaboa, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0029/2014-PPM.

Persoa interesada: Manuel Doldan Canosa.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Fraguas do Eume, 11-8º B, Mesoiro, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0012/2014-PPM.

Persoa interesada: María Jiménez Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Ángel Senra, 3-1º, Vilaboa, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0064/2014-PPM.

Persoa interesada: Ramón Lluis Rodríguez Caamaño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lug. de Vilastose, 21, Cee.

Expediente: PSC-CO-0066/2014-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Rodríguez Caamaño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Fisterra, 2-2º, Cee.

Expediente: PSC-CO-0033/2014-COP.

Persoa interesada: Mª Dolores Piñeiro Iglesias.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Ricardo Sánchez, 23, Ponteceso.