Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados, do Concello de Santiago de Compostela, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 18 de febreiro de 2014 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados, do Concello de Santiago de Compostela, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1615/2014.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental